lunes, 27 de junio de 2022

FIN DO CURSO 2021/22!

Con xuño chegou o final do curso 2021/22 e nestes días fixemos cousas moi especiais.

Realizamos un "amigo/a invisible" para facernos uns regaliños que nos fixeron moitísima ilusión.














Abrimos a nosa cápsula do tempo para ler as cartas que nos escribimos a nós mesmos/as cando iniciou o curso.


Realizamos unha videochamada final co alumnado de 3º de educación primaria do CPI de Bembibre, para finalizar o proxecto de correspondencia escolar e intercambiar uns detalles que nos fixemos previamente nas aulas.



Tamén realizamos unha busca do tesouro sobre o sancosmeiro e, por suposto, atopamos o tesouro, o cal levamos como recordo do proxecto e do curso escolar:








E, por suposto, celebramos o festival de fin de curso, no que representamos a obra teatral "Estreliña" e unha peza musical!








sábado, 16 de abril de 2022

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA SOBRE PLANTAS

Ola a todos/as! 

Durante o 2º trimestre, dende a área de Ciencias da Natureza, traballamos sobre a temática das plantas

Como tarefa integrada da unidade relacionada co programa "Rapazas emprendedoras nas TIC" do Plan Proxecta+, creamos a exposición fotográfica "As plantas".

En primeiro lugar, aprendimos a usar a cámara, así como algunhas nocións básicas de fotografía. Despois, sacamos unha imaxe coa axuda das nosas familias e, na aula, inventámoslle un título creativo a esta e clasificamos as plantas.

Aquí podedes ver o resultado!

 


















martes, 26 de octubre de 2021

XOGAMOS CO NOSO CORPO

Ola de novo!

Nas últimas semanas, traballamos na área de Ciencias da Natureza sobre o corpo humano.

Para aprender os órganos e aparatos que forman o noso corpo, ademais doutras actividades, realizamos varios xogos didácticos. Pasámolo moi ben!








jueves, 14 de octubre de 2021

O LUGAR ONDE VIVIMOS

Nas últimas semanas, os alumnos e alumnas de 3º e 4º estivemos traballando o lugar onde vivimos dende a área de Ciencias Sociais e, como tarefa integrada da unidade, realizamos un portfolio circular para ubicarnos no noso pequeno mundo

No círculo máis pequeno situamos a nosa casa e no seguinte a nosa localidade. Despois localizamos o noso concello, a nosa provincia, a nosa comunidade autónoma, o noso país, o noso continente, o noso planeta e a nosa galaxia. Por último, situamos o Universo.

Aquí podedes ver o resultado: