lunes, 25 de noviembre de 2019

3º E 4º DO CEIP VÍCTOR SÁENZ CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (2019)

Este luns celebrouse o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

O alumnado de 3º e 4º do CEIP Víctor Sáenz queremos amosar a nosa repulsa a calquera tipo de violencia machista e o noso desexo dun mundo no que a igualdade de xénero sexa 100% real; e, para conseguir iso, debemos concienciarnos xa dende ben pequenos/as.

A continuación, deixámosvos parte do traballo realizado e algúns dos vídeos que visionamos na aula.















viernes, 22 de noviembre de 2019

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA 2019


O pasado 20 de novembro foi o Día Universal da Infancia e os alumnos/as de 3º e 4º estivemos a traballar sobre os dereitos dos nenos/as.

Coñecemos tamén a historia de Ana Frank, unha nena xudía que, durante a Segunda Guerra Mundial, tivo que esconderse durante máis de dous anos, para escapar dos nazis. No seu escondite escribiu un diario e, coa súa publicación ao rematar a guerra, Ana e o seu diario fixéronse mundialmente coñecidos.

Entre todos/as, grabamos un vídeo no que explicamos a súa historia.

Agardamos que vos guste e que non haxa ningún neno/a no mundo ao que non se lle respeten os seus dereitos.






jueves, 21 de noviembre de 2019

SAMAÍN 2019


Con motivo do Samaín, no noso colexio celebráronse dous concursos, que foron un éxito para nós: o "Concurso de Cabazas" e o "X Concurso de Relatos de Medo".

No "Concurso de Cabazas" tivemos dúas gañadoras: o 1º Premio foi para a nosa compañeira Soraya e o 3º Premio, para a nosa compañeira Martina.





Por outra banda, no "X Concurso de Relatos de Medo", o relato gañador na categoría de 3º e 4º foi "O moucho, a bruxa e as tres curuxas", escrito polo noso compañeiro Ángel.


A continuación, deixámosvos dous enlaces nos que podedes ver e escoitar os relatos gañadores nas diferentes categorías.

No noso caso, poderedes ver e escoitar o relato gañador, así como unha pequena entrevista ao autor.






Noraboa a todos/as, rapaces!


A POBOACIÓN DE MAZARICOS


Nas últimas semanas, os alumnos e alumnas de 3º e 4º estivemos traballando a poboación dende a área de Ciencias Sociais e, como tarefa integrada da unidade, realizamos unha pequena investigación sobre a poboación do noso Concello, Mazaricos.

Para poder realizala, puxémonos en contacto co Concello, solicitándolles a información da última actualización do padrón municipal, quenes nos responderon con moita amabilidade e rapidez, polo que queremos darlles as grazas dende aquí.

Tras isto, realizamos un programa radiofónico para Radio Rosiña, que leva por título "A poboación de Mazaricos". Aquí vos deixamos o enlace para que poidades escoitalo:



Ademais, elaboramos tamén un mural no que recollimos toda a información.



martes, 12 de noviembre de 2019

ANIVERSARIO DE MARTINA



Seguimos de celebración!


Esta mañá celebramos o aniversario da nosa compañeira Martina.


Moitas grazas por compartilo con nós e esperamos que fora un día xenial para ti!



martes, 5 de noviembre de 2019

ANIVERSARIO DE PAULA



Hoxe celebramos na aula de 3º e 4º o aniversario da nosa compañeira Paula.


Pasámolo xenial festexando todos/as xuntos.

Agardamos que o desfrutaras e que cumpras moitos moitos máis.