viernes, 20 de diciembre de 2019

BO NADAL E FELIZ ANINOVO 2020 A TODOS/AS!

Chegou o Nadal ao CEIP Víctor Sáenz!

Como cada ano, participamos no concurso de postais de Nadal. Todas as postais eran fermosísimas, pero a gañadora na categoría de 3º e 4º foi a nosa compañeira Sara. Noraboa!


Por último, e como pecha deste 1º trimestre, participamos no Festival de Nadal do seguinte xeito: interpretamos a canción "O outono" nos instrumentos de placas e representamos a obra de teatro "O Nadal das Aves do Bosque".

A continuación, deixámosvos o enlace da canción e o vídeo da obra, para que poidades desfrutar de ámbalas dúas:

Canción "O outono" (intrumentos de placas)

Vídeo obra de teatro "O Nadal das Aves do Bosque":



Por último, o alumnado de 3º e 4º queremos desexarvos un moi bo Nadal e un feliz Aninovo 2020 a todos/as. A descanar e vémonos á volta!

miércoles, 18 de diciembre de 2019

ROCHAS E MINERAIS E RELEVO DE GALICIA

Dende a área de Ciencias Sociais e como tarefa integrada da última unidade do trimestre, o alumnado de 3º elaborou un crebacabezas do relevo de Galicia, para incorporar ao Recanto das Ciencias da aula.


Pola súa parte, o alumnado de 4º realizou unha investigación sobre unha rocha ou mineral, para despois facer tamén unha exposición oral na aula.



Tras isto, preparamos unha pequena exposición sobre rochas e minerais no corredor principal do centro, na que podedes ver a información recollida, así como mostras reais das rochas e minerais.



Ademais, grabamos tamén un especial sobre rochas e minerais para Radio Rosiña, coa axuda dos compañeiros/as de 3º.

Por último, recibimos unha visita moi especial! José, o avó do noso compañeiro Guillermo, traballou moitos anos nunha mina de wolframio. Visitou a aula para falarnos sobre o tema e mesmo trouxo unha mostra real deste mineral. Como non podía ser doutro xeito, aproveitamos para entrevistalo nun novo especial de rochas e minerais, para Radio Rosiña. Moitas grazas por todo José; aprendemos moito coa súa visita!

Pinchando no seguinte enlace, podedes escoitar os dous programas radiofónicos dos que vos acabamos de falar:

"Especial sobre rochas e minerais" e "Entrevista a José sobre o wolframio" para Radio Rosiña



martes, 17 de diciembre de 2019

OS SERES VIVOS

Ao longo deste 1º trimestre, dende a área de Ciencias da Natureza, estivemos a traballar sobre os seres vivos.

En primeiro lugar, realizamos un mural no que clasificamos varios seres vivos nos distintos grupos: animais, plantas, fungos, algas e protozoos e bacterias.




Así mesmo, cada alumno/a realizou unha pequena investigación sobre un animal e sobre unha planta, para posteriormente facer unha exposición oral na aula.

Tras isto, xuntamos todos os traballos nun dossier que titulamos "A enciclopedia dos seres vivos de 3º e 4º". No mes de xaneiro, este dossier comezará a viaxar polas casas do alumnado, para que poidades ler as cousiñas que nel escribimos. Ao fin desta viaxe, incluirémolo na nosa biblioteca de aula.


Por último, xogamos ao xogo "Quen é quen: seres vivos", no que tiñamos que adiviñar o ser vivo que nos tocara, facendo preguntas ao resto de compañeiros/as, ás cales eles/as só podían responder con "sí" ou "non". Pasámolo moi ben xogando e aprendendo!

A continuación, deixámosvos un vídeo que resume o traballo realizado.


                     

lunes, 16 de diciembre de 2019

GALLETAS DE NADAL POR CORTESÍA DO CHEF ÁNGEL E DA SÚA FAMILIA

Hoxe o noso compañeiro Ángel trouxonos un agasallo moi especial: unhas riquísimas galletas de Nadal, que fixo coa súa familia.



Moitas grazas por compartilas con nós. Estaban boísimas!

miércoles, 11 de diciembre de 2019

CONMEMORACIÓN DA CONSTITUCIÓN E DO ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA 2019

Durante os primeiros días do mes de decembro, celebramos tamén a Conmemoración da Constitución e do Estatuto de Autonomía de Galicia.


Coñecimos os principais aspectos sobre o noso país e sobre a nosa comunidade autónoma que neles se recollen e elaboramos as súas bandeiras.


lunes, 9 de diciembre de 2019

ANIVERSARIO DE BRAIS

Hoxe celebramos o aniversario do noso compañeiro Brais.




Moitas grazas por compartilo con nós. Agardamos que desfrutaras da celebración.

jueves, 5 de diciembre de 2019

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE 2019

O 3 de decembro celebrouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Esta é unha conmemoración moi importante, pois todos/as nós somos moi diversos e todos/as merecemos as mesmas oportunidades.

Con motivo desta conmemoración, nas últimas semanas, traballamos sobre a diversidade e a inclusión, recordando que no "ceo" de 3º e 4º todos os "paxariños" somos diferentes.

A continuación deixámosvos unha foto do mural que elaboramos, así como algúns dos vídeos que visionamos na aula: