Ao longo deste 1º trimestre, dende a área de Ciencias da Natureza, estivemos a traballar sobre os seres vivos.
En primeiro lugar, realizamos un mural no que clasificamos varios seres vivos nos distintos grupos: animais, plantas, fungos, algas e protozoos e bacterias.
Así mesmo, cada alumno/a realizou unha pequena investigación sobre un animal e sobre unha planta, para posteriormente facer unha exposición oral na aula.
Tras isto, xuntamos todos os traballos nun dossier que titulamos "A enciclopedia dos seres vivos de 3º e 4º". No mes de xaneiro, este dossier comezará a viaxar polas casas do alumnado, para que poidades ler as cousiñas que nel escribimos. Ao fin desta viaxe, incluirémolo na nosa biblioteca de aula.
Por último, xogamos ao xogo "Quen é quen: seres vivos", no que tiñamos que adiviñar o ser vivo que nos tocara, facendo preguntas ao resto de compañeiros/as, ás cales eles/as só podían responder con "sí" ou "non". Pasámolo moi ben xogando e aprendendo!
A continuación, deixámosvos un vídeo que resume o traballo realizado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario