viernes, 18 de septiembre de 2020

BENVIDOS/AS AO CURSO ACADÉMICO 2020/21!

Ola de novo, a todos/as; estamos xa de volta!

Chegou o mes de setembro e con el comezamos un novo curso. Nesta ocasión, comezamos un curso diferente, pero coas mesmas ganas e ilusión de sempre, por aprender e vivir milleiros de cousas boas xuntos/as.

Aquí vos presentamos ao alumnado de 3º e 4º de educación primaria deste ano.

A través deste blogue, os nenos/as destes cursos, amosaremos parte do noso traballo, para que poidades desfrutar del tanto coma nós.


Moi atentos; moi pronto comezaremos a publicar as primeiras entradas!

Benvidos/as ao curso académico 2020/21. Todos e todas agardamos que sexa un curso xenial!