lunes, 17 de febrero de 2020

ANIVERSARIO DE XOEL E SORAYA

No mes de febreiro, dous dos nosos compañeiros estiveron de aniversario: Xoel e Soraya, polo que decidimos facer unha celebración conxunta na que o pasamos moi ben.

Que cumprades moitos máis!


miércoles, 12 de febrero de 2020

O CLIMA DE MAZARICOS DURANTE O ANO 2019

Durante as primeiras semanas do ano, dende a área de Ciencias Sociais, o alumnado de 3º e 4º decidimos facer a seguinte tarefa integrada: un pequeno estudo meteorolóxico sobre o clima no Concello de Mazaricos ao longo do ano 2019.

En primeiro lugar, buscamos a información necesaria na páxina web de MeteoGalicia. Tras isto, elaboramos un mural no que realizamos táboas e gráficas para presentar os datos recollidos dunha forma máis clara.



Por último, gravamos un especial sobre o clima para Radio Rosiña, con toda a información.

Pinchando no seguinte enlace, podedes escoitar o programa:

http://bibliovictorsaenz.blogspot.com/2020/02/o-clima-en-mazaricos.html