Mostrando entradas con la etiqueta Radio Rosiña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Radio Rosiña. Mostrar todas las entradas

sábado, 19 de junio de 2021

CONTOS INVENTADOS

A expresión escrita é unha das habilidades básicas da linguaxe. Dende a área de Lengua, cada un de nós inventou un conto. Despois ilustrámolos e xuntámolos todos nun caderno, que incorporamos á nosa biblioteca de aula.


Tamén os gravamos en Radio Rosiña. Picando no seguinte enlace, podedes escoitalos:

http://bibliovictorsaenz.blogspot.com/2021/06/un-grupo-con-moito-conto.html

Unha actividade similar foi a que realizamos no "Laboratoria de Radio" da ONG "Ayuda en Acción", onde inventamos historias sobre a "morriña", que podedes escoitar a continuación:

https://www.ivoox.com/historias-sobre-a-morrina-radio-rosina-audios-mp3_rf_71392901_1.html

lunes, 8 de febrero de 2021

A NOITE ESTRELADA (VINCENT VAN GOGH)

Ola de novo!

Nas últimas semanas, como tarefa integrada da área de Ciencias Sociais, o alumnado de 3º e 4º traballamos sobre un dos cadros máis famosos da historia, "A noite estrelada", do pintor Vincent van Gogh.

Buscamos información na aula de informática sobre o pintor e sobre diferentes aspectos relacionados co cadro, organizamos a información atopada coa axuda dun procesador de textos, creamos un cadro colaborativo no que participamos todo o alumnado, e elaboramos un mural e un programa radiofónico para presentala.

Aquí podedes ver o mural que colocamos na entrada da nosa aula:


No seguinte enlace podedes escoitar o programa radiofónico, que gravamos en Radio Rosiña:


miércoles, 23 de diciembre de 2020

INVESTIGACIÓN SOBRE OS HÁBITOS SAUDABLES DO ALUMNADO DO COLEXIO

Neste 1º trimestre, o alumnado de 3º, 4º e 5º de educación primaria realizamos unha investigación sobre os hábitos saudables do alumnado do noso colexio, para traballar contidos das áreas de Ciencias da Natureza e de Matemáticas.

En primeiro lugar, realizamos unha enquisa ao alumnado para coñecer os seus hábitos saudables relacionados coa realización de exercicio físico e o consumo de froitas e verduras

Despois, recollemos os datos obtidos en táboas de rexistro de datos e en gráficas de barras para expoñelos nun mural.


Por último, falamos da investigación realizada nun programa radiofónico para Radio Rosiña:


O resultado desta investigación foi moi positiva, xa que o alumnado do noso centro practica deporte case a diario e toma varias pezas de froita e/ou verdura ao día. 

Parabéns a todos/as e moitas grazas pola vosa participación. Seguide mantendo uns bos hábitos saudables, pois a saúde é sempre o primeiro!

martes, 15 de diciembre de 2020

OS ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS DE GALICIA

Ola de novo!

Nas últimas semanas, en 3º e 4º traballamos sobre a paisaxe, e como tarefa integrada da área de Ciencias Sociais, realizamos o seguinte traballo sobre os espazos naturais protexidos de Galicia: buscamos información sobre eles na aula de informática, elaboramos un folleto turístico, creamos unha presentación profesional coa información máis relevante e con fotografías, fixemos unha exposición oral diante do resto de compañeiros/as, elaboramos un mural cos folletos e gravamos un programa radiofónico.




Pinchando aquí, podedes escoitar o programa radiofónico:

Programa radiofónico "Os espazos naturais protexidos de Galicia"

viernes, 27 de noviembre de 2020

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2020

O 25 de novembro celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

No noso centro realizamos unha actividade que titulamos "Que ningúen te engaiole". Deseñamos unha gaiola en cada aula, que expusemos nos corredores. No noso caso, decorámola con lazos violetas nos que escribimos lemas a favor da igualdade.

Tamén realizamos un programa radiofónico en Radio Rosiña no que expuxemos os nosos lemas, a nosa preocupación polo tema e o noso desexo de conseguir unha igualdade real entre homes e mulleres.

Aquí vos deixamos unha fotografía da nosa gaiola e un vídeo no que podedes ver as do resto de compañeiros/as:


Así mesmo, pinchando no seguinte enlace podedes escoitar o programa radiofónico:

viernes, 23 de octubre de 2020

MAZARICOS

Ola de novo, a todos/as! 

Nas últimas semanas, dende a área de Ciencias Sociais, o alumnado de 3º e 4º fixemos a seguinte tarefa integrada: a gravación dun programa radiofónico para "Radio Rosiña" e dun mural para promocionar o turismo no Concello de Mazaricos.

O noso Concello é un territorio máxico, cunha gran riqueza natural, patrimonial, gastronómica e cultural.  Mazaricos ten paisaxe, ten patrimonio, ten cultura, ten gastronomía, ten festas locais, ten zonas para o descanso e para o deporte e, o máis importe, ten xente marabillosa! Mazaricos é unha terra chea de posibilidades, que están agardando por vós. Animádesvos a descubrir o noso Concello?

No seguinte enlace podedes escoitar o programa radiofónico sobre Mazaricos, que gravamos en "Radio Rosiña":


A continuación, podedes ver tamén o mural que elaboramos para impulsar o turismo no noso Concello:



Como vedes, somos uns auténticos afortunados e afortunadas de vivir nun dos lugares máis fermosos e interesantes de Galicia e do mundo!

miércoles, 4 de marzo de 2020

ENTROIDO 2020: CISNES

No mes de febreiro chegou o Entroido ao noso colexio!


Como xa sabedes, o proxecto deste curso, "Mazarico le co pico", é sobre as aves, polo que en 3º e 4º decidimos disfrazarnos de elegantes cisnes brancos, o mesmo animal que vimos na nosa saída didáctica á Ría do Burgo.


Así mesmo, decidimos realizar tamén un especial para Radio Rosiña do programa radiofónico "Os disfraces de Rosiña", no que falamos sobre este precioso animal, así como do coñecido conto "O patiño feo" de Hans Christian Andersen, o a cal tamén nos inspirou na nosa elección.

A historia do Patiño feo recórdanos que todos/as somos cisnes con coroa, que na diversidade hai riqueza e que no ceo do CEIP Víctor Sáenz todos os paxariños somos diferentes.


Pinchando no seguinte enlace podedes escoitar o programa radiofónico:


miércoles, 12 de febrero de 2020

O CLIMA DE MAZARICOS DURANTE O ANO 2019

Durante as primeiras semanas do ano, dende a área de Ciencias Sociais, o alumnado de 3º e 4º decidimos facer a seguinte tarefa integrada: un pequeno estudo meteorolóxico sobre o clima no Concello de Mazaricos ao longo do ano 2019.

En primeiro lugar, buscamos a información necesaria na páxina web de MeteoGalicia. Tras isto, elaboramos un mural no que realizamos táboas e gráficas para presentar os datos recollidos dunha forma máis clara.



Por último, gravamos un especial sobre o clima para Radio Rosiña, con toda a información.

Pinchando no seguinte enlace, podedes escoitar o programa:

http://bibliovictorsaenz.blogspot.com/2020/02/o-clima-en-mazaricos.html

miércoles, 18 de diciembre de 2019

ROCHAS E MINERAIS E RELEVO DE GALICIA

Dende a área de Ciencias Sociais e como tarefa integrada da última unidade do trimestre, o alumnado de 3º elaborou un crebacabezas do relevo de Galicia, para incorporar ao Recanto das Ciencias da aula.


Pola súa parte, o alumnado de 4º realizou unha investigación sobre unha rocha ou mineral, para despois facer tamén unha exposición oral na aula.



Tras isto, preparamos unha pequena exposición sobre rochas e minerais no corredor principal do centro, na que podedes ver a información recollida, así como mostras reais das rochas e minerais.



Ademais, grabamos tamén un especial sobre rochas e minerais para Radio Rosiña, coa axuda dos compañeiros/as de 3º.

Por último, recibimos unha visita moi especial! José, o avó do noso compañeiro Guillermo, traballou moitos anos nunha mina de wolframio. Visitou a aula para falarnos sobre o tema e mesmo trouxo unha mostra real deste mineral. Como non podía ser doutro xeito, aproveitamos para entrevistalo nun novo especial de rochas e minerais, para Radio Rosiña. Moitas grazas por todo José; aprendemos moito coa súa visita!

Pinchando no seguinte enlace, podedes escoitar os dous programas radiofónicos dos que vos acabamos de falar:

"Especial sobre rochas e minerais" e "Entrevista a José sobre o wolframio" para Radio Rosiña



jueves, 21 de noviembre de 2019

SAMAÍN 2019


Con motivo do Samaín, no noso colexio celebráronse dous concursos, que foron un éxito para nós: o "Concurso de Cabazas" e o "X Concurso de Relatos de Medo".

No "Concurso de Cabazas" tivemos dúas gañadoras: o 1º Premio foi para a nosa compañeira Soraya e o 3º Premio, para a nosa compañeira Martina.





Por outra banda, no "X Concurso de Relatos de Medo", o relato gañador na categoría de 3º e 4º foi "O moucho, a bruxa e as tres curuxas", escrito polo noso compañeiro Ángel.


A continuación, deixámosvos dous enlaces nos que podedes ver e escoitar os relatos gañadores nas diferentes categorías.

No noso caso, poderedes ver e escoitar o relato gañador, así como unha pequena entrevista ao autor.






Noraboa a todos/as, rapaces!


A POBOACIÓN DE MAZARICOS


Nas últimas semanas, os alumnos e alumnas de 3º e 4º estivemos traballando a poboación dende a área de Ciencias Sociais e, como tarefa integrada da unidade, realizamos unha pequena investigación sobre a poboación do noso Concello, Mazaricos.

Para poder realizala, puxémonos en contacto co Concello, solicitándolles a información da última actualización do padrón municipal, quenes nos responderon con moita amabilidade e rapidez, polo que queremos darlles as grazas dende aquí.

Tras isto, realizamos un programa radiofónico para Radio Rosiña, que leva por título "A poboación de Mazaricos". Aquí vos deixamos o enlace para que poidades escoitalo:



Ademais, elaboramos tamén un mural no que recollimos toda a información.



viernes, 18 de octubre de 2019

ENTREVISTA A ISMAEL (RADIO ROSIÑA)


Nas primeiras semanas, os nenos e nenas de 3º e 4º, realizamos a primeira visita do curso a Radio Rosiña, a radio escolar que temos no colexio, dentro do programa Radio na Biblio.




Aproveitamos esta ocasión para realizar unha "Entrevista Porquiña" a Ismael, o noso novo compañeiro.

Podedes escoitar a entrevista pinchando no seguinte enlace: