Ola de novo, a todos/as!
Nas últimas semanas, dende a área de Ciencias Sociais, o alumnado de 3º e 4º fixemos a seguinte tarefa integrada: a gravación dun programa radiofónico para "Radio Rosiña" e dun mural para promocionar o turismo no Concello de Mazaricos.
O noso Concello é un territorio máxico, cunha gran riqueza natural, patrimonial, gastronómica e cultural. Mazaricos ten paisaxe, ten patrimonio, ten cultura, ten gastronomía, ten festas locais, ten zonas para o descanso e para o deporte e, o máis importe, ten xente marabillosa! Mazaricos é unha terra chea de posibilidades, que están agardando por vós. Animádesvos a descubrir o noso Concello?
No seguinte enlace podedes escoitar o programa radiofónico sobre Mazaricos, que gravamos en "Radio Rosiña":
A continuación, podedes ver tamén o mural que elaboramos para impulsar o turismo no noso Concello:
Como vedes, somos uns auténticos afortunados e afortunadas de vivir nun dos lugares máis fermosos e interesantes de Galicia e do mundo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario