lunes, 25 de enero de 2021

ANIVERSARIO DE LUZDIVINA

Esta semana celebramos o aniversario da nosa compañeira Luzdivina.

Parabéns e desexamos que o pasaras moi moi ben na celebración.

domingo, 24 de enero de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN 2021

O 24 de xaneiro celébrase o Día Internacional da Educación

Como xa adiantamos na celebración do Día Universal da Infancia, a educación trátase dun dereito de todos os nenos e nenas; e, como dicía Nelson Mandela, "a educación é a arma máis poderosa para cambiar o mundo".

O pasado venres, vimos na aula o documental "Camiño á escola", no que vimos o gran esforzo que deben facer algúns nenos/as de diferentes lugares do mundo para ir á escola. 

Con este documental comprobamos tamén o afortunados e afortunadas que somos ao poder ir ao colexio cada día!






lunes, 11 de enero de 2021

ANIVERSARIO DE ISMAEL E LUCÍA

Nos primeiros días de colexio do 2021, celebramos o aniversario dos nosos compañeiros Ismael e Lucía.


Fíxonos moita ilusión reencontrarnos despois das vacacións de Nadal e festexar xuntos, aínda que sexa de maneira un pouco diferente.

Parabéns, rapaces! Agardamos que o desfrutárades.