Mostrando entradas con la etiqueta Día Internacional da Educación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día Internacional da Educación. Mostrar todas las entradas

domingo, 24 de enero de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN 2021

O 24 de xaneiro celébrase o Día Internacional da Educación

Como xa adiantamos na celebración do Día Universal da Infancia, a educación trátase dun dereito de todos os nenos e nenas; e, como dicía Nelson Mandela, "a educación é a arma máis poderosa para cambiar o mundo".

O pasado venres, vimos na aula o documental "Camiño á escola", no que vimos o gran esforzo que deben facer algúns nenos/as de diferentes lugares do mundo para ir á escola. 

Con este documental comprobamos tamén o afortunados e afortunadas que somos ao poder ir ao colexio cada día!