O 24 de xaneiro celébrase o Día Internacional da Educación.
Como xa adiantamos na celebración do Día Universal da Infancia, a educación trátase dun dereito de todos os nenos e nenas; e, como dicía Nelson Mandela, "a educación é a arma máis poderosa para cambiar o mundo".
O pasado venres, vimos na aula o documental "Camiño á escola", no que vimos o gran esforzo que deben facer algúns nenos/as de diferentes lugares do mundo para ir á escola.
Con este documental comprobamos tamén o afortunados e afortunadas que somos ao poder ir ao colexio cada día!
No hay comentarios:
Publicar un comentario