domingo, 2 de mayo de 2021

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR 2021

O 2 de maio é o Día Internacional Contra o Acoso Escolar, unha conmemoración moi importante que pretende concienciar sobre os riscos do acoso escolar ou bullying.

Visionamos na aula a película "Wonder", que conta a historia de Auggie, un neno de 10 anos que naceu cunha rara deformidade facial, e que comeza a escola, despois de ser educado na casa. Ao rematar, sacamos unha fotografía cun efecto que nos permitiu poñernos na pel do protagonista.

Unha das frases máis fermosas que nos deixou esta película é a seguinte: "Se te miran, deixa que te miren. Non podes pasar desapercibido. Naciches para destacar". Por iso, tomámola de referencia para reflexionar sobre as calidades positivas e en que destaca cada un/unha de nós e elaboramos un pequeno traballo.

Por último, gravamos o seguinte vídeo para amosar a nosa repulsa contra este mal que, por desgraza, afecta a tantos nenos/as e adolescentes arredor do mundo:





viernes, 23 de abril de 2021

EXPERIMENTO SOBRE A DENSIDADE

Nas últimas semanas, dende a área de Ciencias da Natureza, traballamos o tema da materia

Unha das propiedades específicas da materia é a densidade, que é a cantidade de masa que hai en certo volume. Como tarefa final da unidade realizamos o seguinte experimento sobre a densidade:


Agardamos que vos gustara e animámosvos a que o probedes nas vosas casas!

SEMANA DO LIBRO 2021

 Esta semana celébrase a Semana do Libro.

Como sabedes, a lectura é unha actividade que nos encanta, xa que nos permite viaxar a través dos libros, desenvolver a nosa imaxinación e aprender moitas cousas novas.

No seguinte vídeo, cada un de nós fala sobre o seu libro favorito. Agardamos que vos gusten as recomendacións e que nunca deixedes de ler!


lunes, 12 de abril de 2021

ANIVERSARIO DE ÁNGEL

Hoxe celebramos o aniversario do noso compañeiro Ángel.

Agardamos que desfrutaras moito da celebración.

jueves, 25 de marzo de 2021

ACTIVIDADES A DISTANCIA 2º TRIMESTRE

Nesta 2ª avaliación tivemos dúas actividades a distancia.

A primeira delas foi a obra teatral “Nautilus”, da compañía “La Negra”, que é u ha versión da clásica novela de aventuras “20.000 leguas de viaxe submariño” cunha lectura actual, comprometida e preocupada pola conservación dos nosos océanos e da noso planeta.



E a segunda foi a obra teatral "A viaxe de Saira", da compañía "A Xanela do Maxín", ambientada no Camiño de Santiago. Nela, Saira, unha rapaza francesa fai o camiño dende Francia a Compostela para curar o corazón de pedra da súa familia.


As dúas actividades foron moi interesantes!

domingo, 14 de marzo de 2021

SEMANA DA PRENSA 2021

Na semana do 8 ao 12 de marzo, celebramos a Semana da Prensa

Na nosa aula, estamos feitos uns auténticos xornalistas: elaboramos un artigo periodístico sobre o proxecto de aves “Mazarico le co pico”, que estamos a realizar no noso centro durante os cursos académicos 2019/20 e 2020/21, e gravamos a noticia en “Radio Rosiña”. 

Aquí podedes ver o artigo periodístico que realizamos:

Picando no seguinte enlace, podedes escoitar a noticia en “Radio Rosiña”:

lunes, 8 de marzo de 2021

ANIVERSARIO DE UXÍA

 Hoxe, ademais do Día Internacional da Muller, celebramos o aniversario da nosa compañeira Uxía.

Agardamos que desfrutaras da celebración.