martes, 26 de octubre de 2021

XOGAMOS CO NOSO CORPO

Ola de novo!

Nas últimas semanas, traballamos na área de Ciencias da Natureza sobre o corpo humano.

Para aprender os órganos e aparatos que forman o noso corpo, ademais doutras actividades, realizamos varios xogos didácticos. Pasámolo moi ben!








jueves, 14 de octubre de 2021

O LUGAR ONDE VIVIMOS

Nas últimas semanas, os alumnos e alumnas de 3º e 4º estivemos traballando o lugar onde vivimos dende a área de Ciencias Sociais e, como tarefa integrada da unidade, realizamos un portfolio circular para ubicarnos no noso pequeno mundo

No círculo máis pequeno situamos a nosa casa e no seguinte a nosa localidade. Despois localizamos o noso concello, a nosa provincia, a nosa comunidade autónoma, o noso país, o noso continente, o noso planeta e a nosa galaxia. Por último, situamos o Universo.

Aquí podedes ver o resultado:







BENVIDOS/AS AO CURSO ACADÉMICO 2021/22!

Ola de novo. Estamos xa de volta!

Aquí vos presentamos ao alumnado de 3º e 4º de educación primaria deste ano.

Comezamos un novo curso, cheos/as de ganas e ilusión por aprender e vivir milleiros de cousas boas xuntos/as.

Benvidos/as ao curso académico 2021/2022!