martes, 22 de junio de 2021

FIN DO CURSO 2020/21

O curso académico 2020/21 chega á súa fin. Todos/as recordamos cando comezamos no mes de setembro e xa estamos rematando xuño. O tempo voa coma as nosas amigas as aves!

Este curso foi un pouco raro, pero aínda así desfrutamos moito e pasamos grandes momentos xuntos.


Tal e como falamos na aula, quero felicitarvos a cada un de vós, por ser únicos/as, polo traballo realizado e por todo o que conseguimos xuntos. Síntome moi orgullosa de todos/as vós e de ser a mestra titora deste gran grupo que formamos!

Estes últimos días foron moi especiais para nós:

  • Fixemos un "amigo invisible", no que coa axuda das familias elaboramos regalos para outro compañeiro/a:

  • Abrimos a nosa "cápsula do tempo", para ler as cartas que nos escribimos a nós mesmos/as en setembro, sobre os desexos e propósitos que nos faciamos para este curso:

  • Desfrutamos dunha búsqueda do tesouro sobre o Principiño, na que o tesouro era un cadro dunha árbore coas nosas pegadas:


  • Recibimos agasallos que realizaron algúns compañeiros/as con moito agarimo:

  • Participamos no festival de fin de curso, cunha canción flamenca:



Por último, quero desexarvos que pasedes un moi bo verán e animarvos a que o aproveitedes ao máximo para vivir moitísimas experiencias, en compaña dos vosos familiares e amigos/as.

Unha aperta moi moi grande para todos/as e ata setembro. Fostes uns alumnos e alumnas xeniais; botareivos moitísimo de menos!

PROYECTO "EL PRINCIPITO"

Este curso, desde el área de Lengua Castellana y Literatura, hemos leído "El Principito", una novela corta del escritor francés Antoine de Saint-Exupéry, considerada uno de los mejores libros de todos los tiempos y un clásico contemporáneo de la literatura universal.

Este libro cuenta la historia de un pequeño príncipe que parte de su asteroide a una travesía por el universo, en donde descubre la extraña forma en la que los adultos ven la vida y comprende el valor del amor y la amistad.

Hemos disfrutado mucho con su lectura y nos ha dejado muchas enseñanzas.

Para finalizar el proyecto, hemos realizado una emocionante búsqueda del tesoro, en la que hemos tenido que completar varias pruebas hasta llegar al tesoro: un cuadro con un árbol, en el que cada uno de nosotros/as hemos plasmado nuestra huella. También hemos recogido una de las citas más emotivas del libro "El Principito": "Serás para mi, único en el mundo. Seré para ti, único en el mundo".

Aquí, podéis ver un vídeo de esta última actividad:






ANIVERSARIO DE GUILLERMO E IKER

Antes de rematar o curso quixemos celebrar o aniversario dos nosos compañeiros Guillermo e Iker.

Os dous cumpren anos no verán, pero non queriamos deixar de celebralo todos xuntos.

Agardamos que o desfrutarades, rapaces!


sábado, 19 de junio de 2021

PROXECTO DE CORRESPONDENCIA ESCOLAR CO CPI DE BEMBIBRE

Como sabedes, ao longo deste curso desenvolvemos un proxecto de correspondencia escolar xunto ao alumnado de 4º de educación primaria do CPI de Bembibre (Val do Dubra).

Foi un proxecto moi emocionante no que ademais de practicar a expresión escrita, coñecemos a outros nenos/as da nosa idade e compartimos moitas experiencias.

Como actividade final, realizamos unha videochamada grupal para despedirnos, na que lemos unha carta final de cada grupo e na que abrimos uns regaliños que fixemos previamente con moito agarimo. Ata sempre, rapaces/as do CPI de Bembibre!





PREMIOS LECTURA CURSO 2020/21

En 3º e 4º encántanos a lectura, xa que nos permite soñar cos ollos abertos.

Ao longo do curso, cada neno/a foi anotando no seu "lectómetro" os libros que lía. Finalmente, as que o completaron recibiron un pequeno agasallo. 

Noraboa a Alicia, Luzdivina e Lucía. Sodes unhas auténticas estrelas da lectura!





CONTOS INVENTADOS

A expresión escrita é unha das habilidades básicas da linguaxe. Dende a área de Lengua, cada un de nós inventou un conto. Despois ilustrámolos e xuntámolos todos nun caderno, que incorporamos á nosa biblioteca de aula.


Tamén os gravamos en Radio Rosiña. Picando no seguinte enlace, podedes escoitalos:

http://bibliovictorsaenz.blogspot.com/2021/06/un-grupo-con-moito-conto.html

Unha actividade similar foi a que realizamos no "Laboratoria de Radio" da ONG "Ayuda en Acción", onde inventamos historias sobre a "morriña", que podedes escoitar a continuación:

https://www.ivoox.com/historias-sobre-a-morrina-radio-rosina-audios-mp3_rf_71392901_1.html

viernes, 18 de junio de 2021

ACTIVIDADES A DISTANCIA 3º TRIMESTRE

Neste 3º trimestre desfrutamos de varias actividades a distancia:

Visitamos a exposición "Bocados" sobre nutrición da Domus (A Coruña).


Participamos nun obradoiro artístico do Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela).



Participamos nos obradoiros "Voz Natura" e "Hai Química" do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (A Coruña).

Tamén desfrutamos dos obradoiros de Galiciencia "CSI" e "Como pode voar un helicóptero en Marte?".

Por último, visitamos tamén virtualmente a exposición "Exipto" da Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela).

jueves, 10 de junio de 2021

ORGULLOSOS/AS DE SAN COSME DE ANTES!

Este curso estamos a recibir unha formación sobre radio, por parte da ONG "Ayuda en Acción"

Como tarefa final realizamos un programa radiofónico para promocionar San Cosme de Antes, a nosa parroquia.

Para iso preguntámoslle ás nosas familias, buscamos información en Internet... Tamén nos puxemos en contacto con Sandra Alvite (concelleira de Cultura e de Servizos Sociais do Concello de Mazaricos e presidenta da Asociación Cultural de Antes), quen nos descubriu moitas cousas sobre Antes. Moitas grazas a todos/as por axudarnos!

Picando no seguinte enlace, podedes escoitar o programa:


Por último, realizamos tamén unha pequena visita polas proximidades do colexio:










Que orgullosos estamos da nosa parroquia San Cosme de Antes!