lunes, 15 de febrero de 2021

ANIVERSARIO DE SORAYA

Hoxe celebramos o aniversario da nosa compañeira Soraya

Agardamos que desfrutaras da celebración e que cumpras moitos moitos máis.

 


viernes, 12 de febrero de 2021

ENTROIDO 2021

Chegou o Entroido! Esta é unha celebración que nos encanta a todos/as. 

Ao longo da semana, cumplimos cos Mandados do Meco: o luns algo na cabeza, o martes algo arredor do pescozo, o mércores trouxemos a bata da casiña, o xoves un zapato diferente en cada pé, e o venres todo o anterior. 








O mércores visitounos o cómico e narrador oral Pedro Brandariz co seu espectáculo "Contos Choqueiros". Gustáronnos moito os seus relatos sobre o Entroido!



Por último, á volta das vacacións, queimamos o Meco.



Ata o ano que ven, Entroido!

lunes, 8 de febrero de 2021

O TEMPO EN GALICIA

 Ola, amigos e amigas!

Na última unidade de Ciencias Sociais, en 3º e 4º traballamos sobre a atmosfera e, para realizar a nosa tarefa integrada, estreamos tamén a nosa canle de televisión: Rosiña TV. Realizamos unha reportaxe sobre o tempo en Galicia.

Aquí a podedes ver:


Agardamos que vos guste!

A NOITE ESTRELADA (VINCENT VAN GOGH)

Ola de novo!

Nas últimas semanas, como tarefa integrada da área de Ciencias Sociais, o alumnado de 3º e 4º traballamos sobre un dos cadros máis famosos da historia, "A noite estrelada", do pintor Vincent van Gogh.

Buscamos información na aula de informática sobre o pintor e sobre diferentes aspectos relacionados co cadro, organizamos a información atopada coa axuda dun procesador de textos, creamos un cadro colaborativo no que participamos todo o alumnado, e elaboramos un mural e un programa radiofónico para presentala.

Aquí podedes ver o mural que colocamos na entrada da nosa aula:


No seguinte enlace podedes escoitar o programa radiofónico, que gravamos en Radio Rosiña: