Chegou o Entroido! Esta é unha celebración que nos encanta a todos/as.
Ao longo da semana, cumplimos cos Mandados do Meco: o luns algo na cabeza, o martes algo arredor do pescozo, o mércores trouxemos a bata da casiña, o xoves un zapato diferente en cada pé, e o venres todo o anterior.
O mércores visitounos o cómico e narrador oral Pedro Brandariz co seu espectáculo "Contos Choqueiros". Gustáronnos moito os seus relatos sobre o Entroido!
Por último, á volta das vacacións, queimamos o Meco.
Ata o ano que ven, Entroido!
No hay comentarios:
Publicar un comentario