miércoles, 27 de mayo de 2020

ESTUDO METEOROLÓXICO SEMANAL

Ola outra vez!

Continuamos cunha nova semana. Nesta ocasión, como traballo semanal da área de Ciencias Sociais e para repasar os contidos referentes á atmosfera e ao tempo atmosférico, fixemos a seguinte tarefa integrada: a realización dun estudo meteorolóxico semanal. A través del, observamos o estado do ceo (sol, nubes, chuvia, sol con nubes...), a dirección do vento (norte, sur, leste, oeste...), a temperatura máxima e mínima diaria,... Podíanse incluir diversos datos e obtelos, ou ben usando Internet, ou a través de instrumentos meteorolóxicos que tiñamos na casa ou construídos por nós mesmos (termómetro, viraventos, pluviómetro...). Os datos de cada día foron recollidos en táboas, gráficos... Para traballar o espírito crítico foi moi importante comparar os datos obtidos, para comprobar que eran reais.

A continuación, podedes ver os resultados. Noraboa a todos/as, estades feitos uns auténticos meteorólogos e meteorólogas!

























miércoles, 20 de mayo de 2020

OS CINCO REINOS DOS SERES VIVOS

Ola de novo!

Continuamos cunha nova semana. Nesta ocasión, como traballo semanal da área de Ciencias da Natureza e para repasar os contidos referentes aos seres vivos, fixemos a seguinte tarefa integrada: a realización dun traballo de clasificación dos cinco grandes reinos de seres vivos: animais, plantas, fungos, algas e protozoos, e bacterias. Podía ser un mural, unha maqueta, un Lapbook... Nel incluimos debuxos, imaxes, información de cada grupo coas súas características principais e exemplos de seres vivos...

A continuación, podedes ver os resultados. Noraboa, a todos/as; sairon uns traballos xeniais!






























miércoles, 13 de mayo de 2020

LUGARES DO MUNDO

Ola de novo a todos/as!

Xa fai un tempo dende que nos vimos por última vez no colexio, polo que en 3º e 4º decidimos que cada semana, publicaremos no noso blogue algunhas das actividades que cada un/unha de nós está a realizar na casa. Deste xeito, podemos amosar o noso traballo ao resto de compañeiros/as, ver o que eles/elas están a facer e relacionarnos dun xeito máis directo entre todos/as. Isto precisamente é o que máis botamos en falta e necesitamos!

A semana pasada, para repasar os contidos da área de Ciencias Sociais referentes á localidade, poboación, paisaxe...; fixemos a seguinte tarefa integrada: a elaboración dun tríptico ou folleto turístico sobre un lugar elexido polo alumnado, para promocionalo e atraer aos turistas. Podía ser sobre un concello, unha provincia, unha comunidade autónoma, un país... Neles recollemos información como o lugar no que se atopa, que lugares importantes hai para visitar, espazos naturais, que produtos típicos podemos comer ou mercar, que idioma falan, que moeda utilizan, número de habitantes, como chegar ata alí, que festas importanes celebran… Os lugares elexidos foron Cabárceno (Cantabria, España), Río de Janeiro (Brasil), Suiza, Berlín (Alemaña), Vietnam, A Coruña (Galicia, España), Portugal...

A continuación, podedes ver os resultados. Noraboa, rapaces e rapazas; fixéstedes un traballo estupendo todos e todas!