miércoles, 2 de junio de 2021

PROXECTO “MAZARICO LE CO PICO”

Ola a todos e todas.

Como sabedes, durante os cursos académicos 2019/20 e 2020/21 estamos a desenvolver no noso centro un proxecto sobre aves denominado “Mazarico le co pico”.

Este curso na nosa aula, entre outras actividades, realizamos un “Rosiñapalabra” e un “Dossier” sobre aves que viven preto da auga: arao, mazarico real, bilurico das rochas, corvo mariño cristado...

En primeiro lugar, buscamos información na aula de informática sobre as diferentes aves. Despois cubrimos unha ficha coa información atopada (fotografía, como é a ave, onde vive, como se alimenta...).

Por último, unimos todas as fichas nun dossier que titulamos “Aves que viven preto da auga: do A ao Z” e que deixaremos na biblioteca do centro, e gravamos un “Rosiñapalabra” sobre todas elas. 

A continuación, podedes ver o “Rosiñapalabra: aves que viven preto da auga”:


Aquí podedes ver o dossier “Aves que viven preto da auga: do A ao Z”:





Tamén xogamos a un xogo de memoria sobre aves:
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario