O curso académico 2020/21 chega á súa fin. Todos/as recordamos cando comezamos no mes de setembro e xa estamos rematando xuño. O tempo voa coma as nosas amigas as aves!
Este curso foi un pouco raro, pero aínda así desfrutamos moito e pasamos grandes momentos xuntos.
Tal e como falamos na aula, quero felicitarvos a cada un de vós, por ser únicos/as, polo traballo realizado e por todo o que conseguimos xuntos. Síntome moi orgullosa de todos/as vós e de ser a mestra titora deste gran grupo que formamos!
Estes últimos días foron moi especiais para nós:
- Fixemos un "amigo invisible", no que coa axuda das familias elaboramos regalos para outro compañeiro/a:
- Abrimos a nosa "cápsula do tempo", para ler as cartas que nos escribimos a nós mesmos/as en setembro, sobre os desexos e propósitos que nos faciamos para este curso:
- Desfrutamos dunha búsqueda do tesouro sobre o Principiño, na que o tesouro era un cadro dunha árbore coas nosas pegadas:
- Participamos no festival de fin de curso, cunha canción flamenca:
Por último, quero desexarvos que pasedes un moi bo verán e animarvos a que o aproveitedes ao máximo para vivir moitísimas experiencias, en compaña dos vosos familiares e amigos/as.
Unha aperta moi moi grande para todos/as e ata setembro. Fostes uns alumnos e alumnas xeniais; botareivos moitísimo de menos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario