Neste 1º trimestre, o alumnado de 3º, 4º e 5º de educación primaria realizamos unha investigación sobre os hábitos saudables do alumnado do noso colexio, para traballar contidos das áreas de Ciencias da Natureza e de Matemáticas.
En primeiro lugar, realizamos unha enquisa ao alumnado para coñecer os seus hábitos saudables relacionados coa realización de exercicio físico e o consumo de froitas e verduras.
Despois, recollemos os datos obtidos en táboas de rexistro de datos e en gráficas de barras para expoñelos nun mural.
O resultado desta investigación foi moi positiva, xa que o alumnado do noso centro practica deporte case a diario e toma varias pezas de froita e/ou verdura ao día.
Parabéns a todos/as e moitas grazas pola vosa participación. Seguide mantendo uns bos hábitos saudables, pois a saúde é sempre o primeiro!
No hay comentarios:
Publicar un comentario