Dende a área de Ciencias Sociais e como tarefa integrada da última unidade do trimestre, o alumnado de 3º elaborou un crebacabezas do relevo de Galicia, para incorporar ao Recanto das Ciencias da aula.
Pola súa parte, o alumnado de 4º realizou unha investigación sobre unha rocha ou mineral, para despois facer tamén unha exposición oral na aula.
Tras isto, preparamos unha pequena exposición sobre rochas e minerais no corredor principal do centro, na que podedes ver a información recollida, así como mostras reais das rochas e minerais.
Ademais, grabamos tamén un especial sobre rochas e minerais para Radio Rosiña, coa axuda dos compañeiros/as de 3º.
Por último, recibimos unha visita moi especial! José, o avó do noso compañeiro Guillermo, traballou moitos anos nunha mina de wolframio. Visitou a aula para falarnos sobre o tema e mesmo trouxo unha mostra real deste mineral. Como non podía ser doutro xeito, aproveitamos para entrevistalo nun novo especial de rochas e minerais, para Radio Rosiña. Moitas grazas por todo José; aprendemos moito coa súa visita!
Pinchando no seguinte enlace, podedes escoitar os dous programas radiofónicos dos que vos acabamos de falar:
"Especial sobre rochas e minerais" e "Entrevista a José sobre o wolframio" para Radio Rosiña
No hay comentarios:
Publicar un comentario