O curso académico 2019/20 chega á súa fin. Todos/as recordamos cando comezamos no mes de setembro e xa estamos rematando xuño. Que rápido pasa o tempo!
Este curso foi un pouco raro, xa que no mes de marzo tivemos que cambiar as clases presenciais, polas clases a distancia, algo que nunca antes viviramos. A pesar dos momentos difices polos que pasamos, quero felicitarvos polo voso traballo e esforzo, tanto ao alumnado como ás súas familias.
Aquí vos deixo un vídeo para recordar os momentos que vivimos xuntos/as, durante este curso:
Por último, quero desexarvos que pasedes un moi bo verán e animarvos a que o aproveitedes ao máximo para vivir moitísimas experiencias, en compaña dos vosos familiares e amigos/as.
Unha aperta moi moi grande para todos/as e ata setembro; fostes uns alumnos e alumnas xeniais!