Continuamos cunha nova semana. Nesta ocasión, como traballo semanal da área de Ciencias Sociais e para repasar os contidos referentes ás capas da Terra: atmosfera, hidrosfera, biosfera e xeosfera; fixemos a seguinte tarefa integrada: a elaboración dun traballo no que se representen as capas da Terra. Podíanse incluir tamén as partes de cada unha delas: atmosfera (troposfera, estratosfera, mesosfera, termosfera, exosfera), xeosfera (codia, manto e núcleo)...; e elexir o formato (unha maqueta, un mural, un Lapbook...).
A continuación, podedes ver os resultados. Noraboa a todos/as, fixestes uns traballos estupendos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario