Ola de novo!
Hoxe, 8 de marzo, celebramos o Día Internacional da Muller, unha conmemoración moi importante, que debe ser celebrada cada día, para reivindicar a igualdade entre homes e mulleres.
Nesta ocasión, celebrámola de maneira conxunta co alumnado de 4º de educación primaria do CPI de Bembibre (Val do Dubra), con quenes estamos desenvolvendo un proxecto de correspondencia escolar, dende o curso pasado.
Cada aula investigou sobre algunhas mulleres que "fixeron historia" e "cambiaron o conto": buscamos información na aula de informática, elaboramos unha ficha sobre cada unha delas, fixemos unha exposición no corredor con todas elas, gravamos un programa radiofónico con toda a información e realizamos un vídeo como produto final.
Aquí podedes ver o traballo da nosa aula:
No hay comentarios:
Publicar un comentario