martes, 25 de mayo de 2021

PINTURAS RUPESTRES

Desde a área de Ciencias Sociais, estamos a estudar o tema da Historia, centrándonos principalmente nas idades da Prehistoria e da Idade Antiga

Como tarefa integrada final, realizamos pinturas rupestres, que eran pinturas que os habitantes prehistóricos elaboraban nas paredes e nos teitos das covas. 




lunes, 24 de mayo de 2021

SEMBRAMOS PARA RECOLLER!

Hai xa algunhas semanas, na área de Plástica, plantamos semillas de xirasois.

Día a día, fómolas coidando na aula, poñendo en práctica moitos dos contidos relacionados coas plantas, da área de Ciencias da Natureza.

Finalmente, chegou o momento no que as plantas acadaron un gran tamaño, polo que decidimos transplantalas no patio do colexio.







Por último, tamén colaboramos no noso horto escolar, recollendo leitugas para o comedor.





martes, 18 de mayo de 2021

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2021

O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas, unha conmemoración para exalzar a nosa fermosa lingua: o galego.

Este ano a homenaxeada é Xela Arias e no colexio elaboramos tres Podcast sobre ela, que presentamos ao III Concurso de Podcast de Radio na Biblio, programa no que participamos dende xa hai varios cursos.



Picando no seguinte enlace podedes escoitalos:

DÍA INTERNACIONAL DA FAMILIA 2021

O 15 de maio celébrase o Día Internacional da Familia, unha conmemoración que pretende concienciar sobre o papel que ten a familia na educación e na formación dos nenos/as dende a primeira infancia, así como fomentar os lazos familiares e a unión familiar.

Ademais da importancia da familia, na aula falamos tamén dos diversos tipos de familias que existen e da importancia de respetar a todas elas.

As nosas familias son as persoas máis importantes para nós, polo que decidimos elaborar o seguinte agallaso: un marco, un debuxo da nosa familia e unha mensaxe, elaborados por nós.



Na área de Plástica tamén realizamos un precioso atrapasoños.

Agardamos que vos gustaran todos os agasallos, que fixemos con tanta ilusión!

viernes, 14 de mayo de 2021

MAIO 2021

Chegaron os Maios, unha festa tradicional galega para exaltar a natureza e celebrar a primavera.

Nesta ocasión, cada aula realizamos unha composición con elementos naturais que recollemos previamente coas nosas familias.

A continuación, podedes ver a que realizamos na aula de 3º e 4º





domingo, 2 de mayo de 2021

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR 2021

O 2 de maio é o Día Internacional Contra o Acoso Escolar, unha conmemoración moi importante que pretende concienciar sobre os riscos do acoso escolar ou bullying.

Visionamos na aula a película "Wonder", que conta a historia de Auggie, un neno de 10 anos que naceu cunha rara deformidade facial, e que comeza a escola, despois de ser educado na casa. Ao rematar, sacamos unha fotografía cun efecto que nos permitiu poñernos na pel do protagonista.

Unha das frases máis fermosas que nos deixou esta película é a seguinte: "Se te miran, deixa que te miren. Non podes pasar desapercibido. Naciches para destacar". Por iso, tomámola de referencia para reflexionar sobre as calidades positivas e en que destaca cada un/unha de nós e elaboramos un pequeno traballo.

Por último, gravamos o seguinte vídeo para amosar a nosa repulsa contra este mal que, por desgraza, afecta a tantos nenos/as e adolescentes arredor do mundo: