O 15 de maio celébrase o Día Internacional da Familia, unha conmemoración que pretende concienciar sobre o papel que ten a familia na educación e na formación dos nenos/as dende a primeira infancia, así como fomentar os lazos familiares e a unión familiar.
Ademais da importancia da familia, na aula falamos tamén dos diversos tipos de familias que existen e da importancia de respetar a todas elas.
As nosas familias son as persoas máis importantes para nós, polo que decidimos elaborar o seguinte agallaso: un marco, un debuxo da nosa familia e unha mensaxe, elaborados por nós.
Na área de Plástica tamén realizamos un precioso atrapasoños.
Agardamos que vos gustaran todos os agasallos, que fixemos con tanta ilusión!
No hay comentarios:
Publicar un comentario