O curso académico 2020/21 chega á súa fin. Todos/as recordamos cando comezamos no mes de setembro e xa estamos rematando xuño. O tempo voa coma as nosas amigas as aves!
Este curso foi un pouco raro, pero aínda así desfrutamos moito e pasamos grandes momentos xuntos.
Tal e como falamos na aula, quero felicitarvos a cada un de vós, por ser únicos/as, polo traballo realizado e por todo o que conseguimos xuntos. Síntome moi orgullosa de todos/as vós e de ser a mestra titora deste gran grupo que formamos!
Estes últimos días foron moi especiais para nós:
Fixemos un "amigo invisible", no que coa axuda das familias elaboramos regalos para outro compañeiro/a:
Abrimos a nosa "cápsula do tempo", para ler as cartas que nos escribimos a nós mesmos/as en setembro, sobre os desexos e propósitos que nos faciamos para este curso:
Desfrutamos dunha búsqueda do tesouro sobre o Principiño, na que o tesouro era un cadro dunha árbore coas nosas pegadas:
Recibimos agasallos que realizaron algúns compañeiros/as con moito agarimo:
Participamos no festival de fin de curso, cunha canción flamenca:
Por último, quero desexarvos que pasedes un moi bo verán e animarvos a que o aproveitedes ao máximo para vivir moitísimas experiencias, en compaña dos vosos familiares e amigos/as.
Unha aperta moi moi grande para todos/as e ata setembro. Fostes uns alumnos e alumnas xeniais; botareivos moitísimo de menos!
Este curso, desde el área de Lengua Castellana y Literatura, hemos leído "El Principito", una novela corta del escritor francés Antoine de Saint-Exupéry, considerada uno de los mejores libros de todos los tiempos y un clásico contemporáneo de la literatura universal.
Este libro cuenta la historia de un pequeño príncipe que parte de su asteroide a una travesía por el universo, en donde descubre la extraña forma en la que los adultos ven la vida y comprende el valor del amor y la amistad.
Hemos disfrutado mucho con su lectura y nos ha dejado muchas enseñanzas.
Para finalizar el proyecto, hemos realizado una emocionante búsqueda del tesoro, en la que hemos tenido que completar varias pruebas hasta llegar al tesoro: un cuadro con un árbol, en el que cada uno de nosotros/as hemos plasmado nuestra huella. También hemos recogido una de las citas más emotivas del libro "El Principito": "Serás para mi, único en el mundo. Seré para ti, único en el mundo".
Aquí, podéis ver un vídeo de esta última actividad:
Como sabedes, ao longo deste curso desenvolvemos un proxecto de correspondencia escolar xunto ao alumnado de 4º de educación primaria do CPI de Bembibre (Val do Dubra).
Foi un proxecto moi emocionante no que ademais de practicar a expresión escrita, coñecemos a outros nenos/as da nosa idade e compartimos moitas experiencias.
Como actividade final, realizamos unha videochamada grupal para despedirnos, na que lemos unha carta final de cada grupo e na que abrimos uns regaliños que fixemos previamente con moito agarimo. Ata sempre, rapaces/as do CPI de Bembibre!
A expresión escrita é unha das habilidades básicas da linguaxe. Dende a área de Lengua, cada un de nós inventou un conto. Despois ilustrámolos e xuntámolos todos nun caderno, que incorporamos á nosa biblioteca de aula.
Tamén os gravamos en Radio Rosiña. Picando no seguinte enlace, podedes escoitalos:
Unha actividade similar foi a que realizamos no "Laboratoria de Radio" da ONG "Ayuda en Acción", onde inventamos historias sobre a "morriña", que podedes escoitar a continuación:
Este curso estamos a recibir unha formación sobre radio, por parte da ONG "Ayuda en Acción".
Como tarefa final realizamos un programa radiofónico para promocionar San Cosme de Antes, a nosa parroquia.
Para iso preguntámoslle ás nosas familias, buscamos información en Internet... Tamén nos puxemos en contacto con Sandra Alvite (concelleira de Cultura e de Servizos Sociais do Concello de Mazaricos e presidenta da Asociación Cultural de Antes), quen nos descubriu moitas cousas sobre Antes. Moitas grazas a todos/as por axudarnos!
Picando no seguinte enlace, podedes escoitar o programa: